top of page

O mosteiro de Carboeiro de Silleda acolle dende hoxe unha mostra do pintor Roberto García

23 jul 2022
2 min de lectura

Nado en Éibar e actualmente afincado en Silleda, a súa obra caracterízase, entre outras, polo dominio da luz nas paisaxes e a profundidade dos seus retratos


Laura Moure/Silleda

A sala de Exposicións do Mosteiro de Carboeiro, de Silleda, acolle dende hoxe, sábado, unha mostra de pintura de Roberto García. Natural de Eibar (Guipúscoa), Roberto Garcia (1963) reside actualmente en Silleda, onde xa sorprendeu ao público cunha mostra o pasado mes de abril no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. A mostra poderá verse nas dependencias monacais ata o vindeiro 18 de agosto, no horario de apertura deste centro histórico e patrimonial (todos os días de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas).

García comenzou a pintar dende neno e despois de perfeccionar a técnica de debuxo, formouse nunha academia de arte ás ordes do recoñecido pintor navarro Fernando Beorlegui Beguiristáin, co que aprendeu todas as técnicas de pintura ademais de grabado calcográfico e formación en escultura.


Ten realizado diversas exposicións individuais e recibiu varios premios en certames de pintura rápida. Nas súas obras apreciase un gran dominio da luz –que se transmite nas paisaxes que retrata- así como a profundidade nas miradas das persoas protagonistas dos seus retratos. García foi tamén mestre durante seis anos nun taller de pintura en Deba, antes de trasladarse a residir en Galicia.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O luns, entrada libre no mosteiro

Por outra banda, o mosteiro de Carboeiro segue a recibir numerosas visitas, como vén sendo habitual nos meses de verán, en que o monumento se atopa aberto ao público todos os días. O pasado mes de xuño pasaron polo mosteiro un total de 2.183 persoas.


Por outra banda, o vindeiro luns, Día de Galicia, a entrada será libre e gratuíta para o público.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page