O mosteiro de Carboeiro comeza aplicar o horario de inverno e abrirá só de mércores a domingo
- ecosdacomarca

- hace 15 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplica dende esta semana o horario de inverno con novos axustes. Así, e tendo en conta tamén as horas de luz natural e o descenso habitual de visitas nos meses de inverno, o mosteiro mudará de horario ata a primavera

Publicidade
O acceso ao edificio estará pechado nas xornadas de luns e martes, abrindo de mércores a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e pola tarde de 15:30 a 18:00 horas.
Publicidade
Este horario manterase nos vindeiros meses, ata que se aplique o cambio horario de cara á
primavera.








Comentarios