O mosteiro de Carboeiro aplica dende mañá, domingo 29 de marzo, o horario de primavera
- ecosdacomarca

- 28 mar
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

O mosteiro de Carboeiro, de Silleda, mudará dende este domingo día 29 o seu horario de apertura. Así, e en virtude do establecido nos últimos anos polo departamento municipal de Turismo, o edificio abrirá as súas portas ao público de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a domingo. Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se ven experimentando nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes.
PUBLICIDADE

Este horario de primavera aplicarase –de mércores a domingo- durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente nos meses de verán co reforzo de personal que atende o Punto de Información Turísticas (PIT) da rede de oficinas de Turismo “Info Rías Baixas”.
Publicidade
Máis de 700 visitas en febreiro
Por outra banda, o mosteiro vén de recibir o pasado mes de febreiro un total de 740 persoas visitantes, número que se prevé aumente neste mes de marzo tendo en conta as numerosas persoas que se achegaron a pasada fin de semana, coincidindo coa ponte do 19 de marzo ata este enclave.







Comentarios