top of page

O mosteiro de Carboeiro acolle este venres unha xornada de Interritmos coa foliada e a jarana

Participan os grupos de desenvolvemento rural de Galicia e contará cun parladoiro con artistas do folcrore galego e flamenco e coa actuación de Xirandola


Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda acolle este venres día 25 unha das sesións do programa Interritmos, sobre emprendemento e música de raíz. Baixo o lema “A foliada e a jarana como precursoras das Jam Sesión”, e da mando  GDR Terras de Pontevedra Norte, que participa nesta iniciativa, o mosteiro de Carboeiro volve confirmarse como espazo de diálogo cultural con esta proposta, na que serán protagonistas o folcore galego e o flamenco.

A cita será de 18:00 a 20:00 horas, aberta ao público ata completar aforo, e con inscrición previa a través do mail interritmos@paideia.es Haberá un parladoiro moderado por Patricia Hermida, manager e xestora cultural, ca participación da bailaora Carmen Camacho e músico galego e flamenco Antonio Luz.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

¡O showcase (exhibición) será a cargo do grupo silledense Xirandola. O proxecto Interritmos pasou de ser un concurso a un novo programa de detección e capacitación de talentos que suporá seguir avanzando nunha das liñas estratéxicas de desenvolvemento do territorio a través da arte.


Interritmos é unha proposta baseada na innovación, o emprendemento, a aposta polos recursos creativos de Galicia e a participación activa da poboación local na que participan GDRs de Galicia, a Fundación Paideia, a FUNDACIÓN EOI e a Fundación Paco de Lucía.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ao longo deste ano o programa vén posibilitando propostas de formación e eventos nos que abordar diferentes xéneros artísticos como a música, as artes escénicas e actividades dirixidas a diferentes públicos. Con motivo da celebración, o mosteiro estará pechado ás visitas pola tarde, se ben abrirá no seu horario habitual pola mañá (de 11:00 a 14:30 horas).


Dende o Concello de Silleda agradécese ao GDR Terras de Pontevedra Norte, do que forma parte o municipio, a aposta por este lugar emblemático onde continuarán a programarse outras propostas culturais como nos últimos anos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page