top of page

O ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os días 7, 8 e 9 de agosto

As tendas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 17 de xullo


Ecos da Comarca/Melide

A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide (Asetem), en colaboración co Concello da vila, celebrará os días 7, 8 e 9 de agosto unha nova edición do ‘Mercamelide na Rúa’, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local con descontos e oportunidades nunha ampla variedade de artigos.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As tendas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 17 de xullo enviando un correo electrónico a info@asetem.com , chamando ao teléfono 981 50 61 88/ 698 13 23 24 ou acudindo directamente ás oficinas de Asetem, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Durante os tres días de campaña, os establecementos participantes ofrecerán rebaixas especiais nos seus produtos, mantendo o seu horario habitual de apertura e identificándose mediante carteis para facilitar a localización dos mesmos por parte da clientela do municipio e dos visitantes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page