top of page

O melidense Xosé de Cea presenta en Lalín o seu libro 'O que estou a dicir cando digo Altri Non'

Será o xoves 12 de xuño

Ecos da Comarca/Lalín

O vindeiro xoves 12 de xuño, o melidense Xosé de Cea presentará o seu libro O que estou a dicir cando digo Altri Non, acompañado de Carlos Negro, no marco do Círculo De Recreo Lalín, ás 20:30 horas. O acto está organizado polo Grupo de apoio de Lalín á Plataforma por unha Ulloa Viva e Salvemos Catasós

Xosé de Cea.
Xosé de Cea.

“Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efectos catastróficos que esta actividade industrial tería en ámbitos como a economía, a saúde ou o medio ambiente. Mais, até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de indignación que está a percorrer Galiza enteira. Isto quizais se deba a que ese pulo é tan persoal e de cadaquén que nunca se poderá elevar á categoría de verdade universal nin servirá para soster argumentos obxectivos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Agora, co presente ensaio, publicado por Edicións Laiovento, Xosé de Cea, escritor con raíces palenses e melidense de padrón, aborda a problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva. "Para facelo, tira de memoria, andainas, lecturas, sentimentos e intuición coa arela de tecer unha trama de reflexións arredor do que supón este novo despropósito empresarial para un habitante da Terra do Medio, ademais de tentear as actitudes que cómpre esgrimir para enfrontalo."






Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page