O melidense Juan Curros, Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia na categoría de Bronce
- Laura Moure

- 2 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Melide
O pasado sábado o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou o labor levado a cabo polo corpos de Protección Civil para o benestar e a seguridade de todos os galegos, “homes e mulleres que entregan o seu tempo e se ocupan de algo que ás veces non valoramos ata que o necesitamos”, indicou.
Publicidade
Así o salientou na Estrada, no acto de entrega de medallas ao mérito de Protección Civil, no que estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. No acto concedéronse as distincións outorgadas en 2023 e en 2024, recoñecendo así a 79 voluntarios que cumpriron 25 anos de servicio, e entregándose 21 medallas de bronce, 8 medallas de prata -unha delas a título póstumo- 3 placas de prata e 2 medallas de ouro: unha do ano 2023 para o estradense Manuel Silva (a título póstumo) que foi bombeiro no Parque de Bombeiros de Deza e unha do ano 2024 para Carlos García Touriñán.
“Creo que temos moitas razóns para estar orgullosos da nosa Protección Civil, eses milleiros de persoas que traballan como en ningunha outra comunidade autónoma”, manifestou o titular do Goberno galego, ao mesmo tempo que resaltou o incremento de voluntarios nos últimos anos.
Publicidade
O Goberno galego leva investidos en Emerxencia máis de 22 millóns de euros desde 2009 en axudas para custes de financiamento, formación de voluntarios e dotación de material e equipamento. Neste sentido, o presidente remarcou o compromiso do Executivo de seguir contribuíndo a á formación e dotación do material preciso. Por último, agradeceu tamén o labor levado a cabo polos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, as Forzas Armadas e os concellos, “formamos un gran equipo”, e destacou a Academia Galega de Seguridade Pública, onde se celebrou o acto, como un “centro segue a ser unha referencia nesta capital galega das emerxencias”.

Entre as persoas galardoneadas está unha persoa moi coñecida e querida en Melide polo seu gran labor ao longo de tantos anos. Neses momentos máis difíciles, alí está el. Falamos de Juan Curros. "O noso veciño e traballador municipal, Juan Curros, foi galardoado este sábado coa 𝗠𝗲𝗱𝗮𝗹𝗹𝗮 𝗮𝗼 𝗠𝗲́𝗿𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗼𝘁𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗶𝘃𝗶𝗹 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗻𝗮 𝗰𝗮𝘁𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗼𝗻𝗰𝗲, no acto celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP. Moitas grazas Juan polo bo traballo que estás a realizar", sinalou este martes o Concello de Melide a través das súas redes sociais.
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!








Comentarios