top of page

O lume que afecta a zona situada entre os concellos de Toques e Melide xa calcinou unhas 200 hectáreas

Segue activo e de madrugada foi necesario declarar a situación 2


Ecos da Comarca/Melide

Desde as 18:49 horas de onte, xoves, está activo un incendio no concello de Toques,

parroquia de San Martiño de Oleiros, pero que é unha zona que limita co concello de Melide, polo que a parroquia do Meire tamén está sendo afectada. Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, as últimas estimacións rolda as 200 hectáreas de superficie afectada.

Os bombeiros de Arzúa accendendo ao núcleo de poboación de Penagundín esta madrugada. Autor: Ecos da Comarca.
Os bombeiros de Arzúa accendendo ao núcleo de poboación de Penagundín esta madrugada. Autor: Ecos da Comarca.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, foi preciso declarar a Situación 2 esta madrugada, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Penagundín, na parroquia do Meire, no concello limítrofe de Melide.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para a extinción do incendio mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 3 axentes, 11 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero. Tamén se viviron momentos críticos, debido á proximidade a unhas granxas, pero os veciños con tractores e cisternas estiveron traballando arreo. As lapas tamén estiveron próximas a unha vivenda de Penagundín (Meire, Melide) polo que foi necesario a intervención dos Bombeiros de Arzúa que se atopaban no lume forestal da parroquia melidense do Leboreiro, Melide, que tamén puxo en perigo outra casa. Despois, estes tamén se tiveron que desprazar á zona das granxas afectadas polo lume en Toques.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page