top of page

O lume forestal que afecta á parroquia da Portela, en Rodeiro, xa rolda as 20 hectáreas

Ecos da Comarca/Rodeiro

Tal e como xa vos adiantamos en exclusiva ECOS DA COMARCA esta medianoite, nas últimas horas comezou un lume forestal que afecta á parroquia rodeirense da Portela. Esta mañá a Consellería do Medio Rural informou que o lume quedou estabilizado ás 7:40 horas de hoxe, martes.

O lume forestal da Portela esta medianoite. Autor: Ecos da Comarca.
O lume forestal da Portela esta medianoite. Autor: Ecos da Comarca.

O lume iniciouse ás 21:39 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais

rolda as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 axentes, 8

brigadas, 5 motobombas e 1 pá.

 PUBLICIDADE

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade

delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page