top of page

O lucense Brais Revaldería presenta en España a experiencia cinematográfica ‘Fillos do Vento: A RAPA’

Filmada durante sete anos consecutivos nas montañas de Sabucedo, (A Estrada), a obra combina realismo documental con tecnoloxía inmersiva de última xeración


Ecos da Comarca/Xeral

O lucense Brais Revaldería presenta en España a experiencia cinematográfica inmersiva Fillos do Vento: A RAPA. Tras a súa selección oficial no Festival de Cannes 2025 -na categoría de CannesImmersive Competition- e o seu paso por Hot Docs (Canadá), Fillos

do Vento: A RAPA inicia o seu percorrido en España cunha proxección inmersiva única no Cartuxa Center CITE, dentro do marco do Festival Europeo de Sevilla 2025. As proxeccións serán entre os días 11 e 13 de novembro.


A peza, dirixida e producida por Brais Revaldería e María Fernanda Ordoñez Morla, mergulla ao público no corazón de Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) mediante unha instalación envolvente de proxección 270° en 8K, son espacial e elementos sensoriais sincronizados, converténdose na primeira experiencia deste tipo presentada dentro do Festival de Sevilla.


Unha obra pioneira que une tradición e tecnoloxía

Estreada mundialmente en Cannes Immersive 2025, onde foi exhibida no histórico Hôtel Carlton, Fillos do Vento: A RAPA foi unha das nove obras seleccionadas entre case 200 propostas internacionais.


O galego Brais Revaldería, gañador de dous premios Emmy e un León de Ouro en Cannes Lions, presenta Fillos do Vento: A RAPA, unha experiencia cinematográfica inmersiva que, por primeira vez na historia do Festival de Sevilla, permitirá ofrecer unha proxección envolvente en 270º. A instalación traslada ao espectador ao corazón de Rapa das Bestas de Sabucedo sen saír da nova sala inmersiva do Cartuxa Center CITE.

ree

A chegada da obra a Sevilla marca un fito na historia do festival, que por primeira vez incorpora unha proxección inmersiva de gran formato dentro da súa programación oficial, abrindo camiño a novas formas de narrar e experimentar o cinema documental é España. Os pases serán entre os días 11 e 13 de novembro.


“Non é espectáculo. É unha loita pola memoria. A peza pregunta que clase de natureza queremos preservar", destaca Brais Revaldería, director e produtor. Pola súa banda, María Fernanda Ordoñez Morla, produtora e directora de arte, indica que "buscamos borrar a liña entre observador e participante. En Fillos do Vento sente o alento dos cabalos e o tremor do chan, mentres no horizonte aparecen aeroxeradores. É unha experiencia visceral sobre herdanza e progreso.”


Forma e tecnoloxía

Filmada durante sete anos consecutivos nas montañas de Sabucedo, (A Estrada), a obra combina realismo documental con tecnoloxía inmersiva de última xeración, integrando: 


  • Proxección envolvente 270° en 8K, mediante 6–8 proxectores calibrados con mapeo de proxección. 

  • Audio espacial ambisónico / 7.1 deseñado para sala inmersiva. 

  • Elementos sensoriais (difusores de aroma e efectos físicos sincronizados por timecode). 

  • Sistema de instalación portátil, adaptable a espazos culturais e museográficos



Por que Sevilla?

O Festival Europeo de Sevilla consolídase como un espazo de referencia para o diálogo entre o cinema, a creación contemporánea e as novas tecnoloxías de exhibición. A incorporación de Fillos do Vento: A RAPA representa un salto cualitativo na relación entre documental, territorio e experiencia inmersiva, reforzando o compromiso do festival coa innovación audiovisual europea.


Con esta iniciativa, o Festival de Sevilla únese a unha nova xeración de festivais internacionais, como o Festival de Cannes, O Festival de Venecia, pioneiro en programación inmersiva, e o Sundance Film Festival, referente do cinema independente e as artes dixitais, que están a abrir espazo ás narrativas inmersivas, a realidade estendida e as novas formas de experiencia cinematográfica.


A proxección terá lugar no Cartuxa Center CITE, unha das salas técnicas máis avanzadas de España, ideal para instalacións multicanle e inmersivas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sobre o proxecto

Fillos do Vento: A RAPA convida a experimentar, máis que observar, a Rapa das Bestas, un ritual ancestral que pervive hoxe en diálogo tenso coa modernidade e a expansión dos parques eólicos. A través da súa linguaxe sensorial e cinematográfica, a obra converte a tradición galega nunha reflexión universal sobre comunidade, territorio e transformación cultural.


Unha Homenaxe á Comunidade Galega

Ao longo deste proxecto transmedia, o espectador é testemuña de como a Rapa das Bestas convértese nunha celebración da comunidade local e o rescate do mundo rural. 


Equipo principal

  • Dirección e produción: Brais Revaldería 

  • Dirección creativa e produción: María Fernanda Ordoñez Morla 

  • Produción executiva: Pedro Revaldería Coa colaboración de equipos técnicos en España, Estados Unidos e Latinoamérica.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page