Disputarase o 15 e 16 de outubro en Málaga
Ecos da Comarca/Lalín

O lalinense Pepe Domínguez loitará pola medalla no Campionato Nacional de Combinadas, que se disputará os días 15 e 16 de outubro en Estepona (Málaga). O atleta lalinense, socio e adestrador do Club Escola Atletismo Deza, loitará por vir para a casa con medalla, tras a última clasificación hai cinco anos.
Domínguez parte coa mellor marca en M50, aínda que ten moi preto ao deportista murciano. Leva 12 semanas de duros adestramentos para volver co mellor sabor de boca posible e afirma que "estou nun bo momento físico e, se non me lesiono nalgunha das probas, creo que podo facer un bo campionato".
Comments