O lalinense León Feijóo acada unha moi boa 10ª posición no Campionato de España Sub16
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Un novo éxito para o Club, xa que chegar a unha proba nacional xa é todo un logro
para o Atletismo Deza
Ecos da Comarca/Deza
O Atletismo Deza contou con representación no Campionato de España Sub16. Nesta ocasión, foi da man do deportista lalinense León Feijóoo, quen realizou a proba de 60 metros valados.

A cita tivo lugar o sábado en Salamanca (Castela e León) e comezou cunha fase eliminatoria na que conseguiu unha marca de 8.78 e clasificouse entre os 16 mellores de España. Xa pola tarde, na proba dos 60 metros valados, o deportista lalinense conseguiu quedar nunha moi boa 10ª posición.
Publicidade
Para o Club é unha honra e un orgullo que o deportista quedase tan arriba na táboa, máis
tendo en conta que é o seu primeiro Campionato de España. Agardan que o atleta siga tendo esta grande traxectoria para poder chegar a estas probas en máis ocasións.
O Club xa está preparando as probas para o Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub 10, Sub12 e Sub14 en Pista Cuberta que se celebrarán esta fin de semana na Expourense e onde haberá unha boa representación do Atletismo Deza.
PUBLICIDADE
Carreira do Cocido
Dende o Club tamén están na organización da próxima edición da Carreira do Cocido. Cabe lembrar que as inscricións están abertas para a cita do 19 de abril e nestes momentos xa están rozando os 250 inscritos/as. Tamén informan que en breves darán comezo sorteos de diferentes produtos e experiencias, e realizarase coas persoas que xa conten coa inscrición realizada. Deste xeito, aqueles que xa estean inscritos/as terán máis posibilidades. Todos os sorteos realizaranse a través das redes sociais do Club Atletismo Deza.








Comentarios