top of page

O lalinense Javier García González logra o título de Campión de España de Coctelería

Ecos da Comarca/Lalín

Ciudad Real acolleu dende o pasado 27 de novembro ata onte, 2 de decembro, o LXVII Campeonato de España de Coctelería. Nesta competición, o lalinense Javier García González sumou un éxito máis e converteuse no Campión de España de Coctelería.

García co premio. Fonte: Concello Lalín

"Darlle a en hora ao lalinense Javier García González, que se fixo onte no campionato nacional en Ciudad Real co título de Campión de España de Coctelería. Con este galardón, Javier, que actualmente traballa en La Robleda, consigue ademais clasificarse para o campionato mundial. Moitos parabéns!", felicitouno así o Concello de Lalín a través das súas redes sociais.

O campionato mundial celebrarase o vindeiro ano en Roma.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page