top of page

O lalinense Beltrán Rivas, sexto no Campionato de España Sub16

Ecos da Comarca/Lalín

O deportista lalinense do Club Atletismo Deza Beltrán Rivas quedou na sexta posición no

Campionato de España Sub16 en pista ao aire libre. Non logrou medalla nesta ocasión, tras cinco probas de altos e baixos, nas que ía na segunda posición, loitando así por unha das medallas. Chegada a proba de salto con pértega, o atleta non puido puntuar e deste xeito baixou ata a sexta posición.

Beltrán Rivas nunha foto de arquivo.
Beltrán Rivas nunha foto de arquivo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Club felicitan ao deportista, porque aínda que quedase ás portas dunha medalla, foi unha xornada de aprendizaxe e da que sacar conclusións para seguir pelexando por chegar a tanto nivel. “Para o Club xa é unha honra dicir que temos a un deportista sexto de España na súa categoría, cunha proba menos ca os demais”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén felicitan aos seus adestradores, Pepe Domínguez, Iago Pazos (ambos do Deza) e David Gómez (do Celta de Vigo) porque foron fundamentais na preparación do deportista. En concreto, agradecen a implicación de Gómez, quen estivo con Rivas durante toda a fin de semana.

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page