top of page

O lalinense Beltrán Rivas compite esta fin de semana no Campionato de EspañaSub16

Ecos da Comarca/Lalín

O deportista lalinense do Club Atletismo Deza Beltrán Rivas participa no Campionato de

España Sub16 en pista ao aire libre, que ten lugar esta fin de semana en Xixón (Asturias).

Realizará probas combinadas (octatlón) e entra clasificado como terceiro, polo que loitará por traer algunha medalla para a casa: “É unha gran posición para un Campionato de España, pero dende o Club xa sentimos orgullo porque chegase, outro ano máis, a tanto nivel”.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende hai tres semanas, o deportista está ao cargo do adestrador vigués David Gómez, ante a ausencia por temas laborais do director deportivo de Deza, Nacho Castro. O adestrador tamén prepara a un dos seus maiores rivais nesta competición, Joel do Celta, e estará acompañándoo durante toda a fin de semana.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Dende o Club agradecemos a David Gómez a súa axuda e o tempo dedicado ao deportista lalinense. Con esta proba o Deza pecha a tempada de competicións e agarda que sexa unha fin de semana, principalmente de aprendizaxe, por iso, animan a que sigan a competición a través das canles oficiais.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page