top of page

O ladrón que caeu na trampa en Lalín

Un home foi identificado por entrar a roubar nun garaxe desta localidade gracias a astucia dun dos afectados


Laura Moure/Lalín

Hai unhas semanas entraron a roubar en garaxes de varios edificios de Lalín, como foi o caso nun situado na rúa Pintor Laxeiro, ao que tamén accederan o pasado mes de decembro. Tamén neste caso, romperon cristais de varios vehículos para perpetrar os roubos. Pero desta volta, o ladrón foi descuberto gracias a astucia dun veciño.

O ladrón foi "pillado" pola cámara oculta. Cedida polo afectado.

"Despois de que nos entraran a pasada vez o que fixen foi instalar un sistema de dobre cámara. Puxen unha cámara á vista e outra oculta. Ademais, coloquei un sistema de prendido automático de luces e claro cando accederon estas prendéronse. Por suposto, o ladrón viu a primeira cámara e inmediatamente cortoulle os cables e deshabilitouna. A cuestión é que non se deu de conta da segunda cámara e grabouno de cheo".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Todo isto está en mans da Garda Civil que xa identificou ao individuo que ten antecedentes por roubo. "Ao parecer andivo por distintos lugares de Galicia e non é de Lalín, polo que non veu aquí a propósito ao noso garaxe, senón que é un dos moitos nos que entrou", sinala o afectado que engade: "A primera cámara actuou de cebo. Temos que ser máis intelixentes ca eles".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page