top of page

A cita tecnolóxica XGN Intermax despide unha 26ª edición marcada polo crecemento de participantes

hace 5 minutos
3 min de lectura

A idade medida dos participantes é de 32 anos e a cita contou cunha importante presenza de familias nas que pais e nais comparten aprendizaxe e diversión cos seus fillos e fillas


Laura Moure/Silleda

A maior lanparty galega, a XGN Intermax, puxo onte o punto e final á súa World Champions Edition, a cal se celebrou desde o pasado venres no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda. Unha 26ª edición que reuniu finalmente a 925 profesionais e afeccionados á informática, as novas tecnoloxías e o lecer electrónico, o que supón un 6,6% máis que na pasada edición, cando foran 867, e a segunda mellor cifra de inscritos dende que a Feira Internacional de Galicia Abanca colleu a testemuña da Xunta para xestionar e celebrar o evento, hai once anos.

Unha cifra, a desta edición, que supón para a organización unhas excelentes expectativas para superar o ano que vén o récord de participación dende que a party se celebra no recinto, o cal se conseguiu en 2019 e foi de 932 inscritos. Estes participantes, que valoraron positivamente a proposta formativa e de lecer da XGN Intermax, fixeron do respecto, a cordialidade e a boa sintonía unha constante na convivencia a todos os niveis.


Durante os tres días, nos que destacou a gran estabilidade da rede, puideron desfrutar dunha velocidade de conexión de ata 40Gbps e dun atractivo programa de actividades que incluíu dende obradoiros e competicións ata xogos do máis diverso, e no cal o grao de implicación e participación foi moi significativo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento. Dentro destas actividades incluíanse numerosas competicións centradas en arte dixital,
Preme na imaxe para obter máis información do evento. Dentro destas actividades incluíanse numerosas competicións centradas en arte dixital,

videoxogos, setups (personalización do espazo individual dos participantes) ou programación de robots. Destes concursos realizouse hoxe a entrega de galardóns, repartindo preto de 6.000 euros en premios, aos que se sumou un trofeo moi especial

impreso en 3D para o gañador do torneo Fifa 2027: World Champions Edition, como

reflexo do espírito desta edición especial.


Un acto que pechou o programa de actividades desta edición especial, a cal contou de

novo co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party, a través da Consellería de Cultura,

Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial de Intermax Technology. Grazas a esta

tecnolóxica galega, que se incorporou ao proxecto en 2024, os participantes puideron

navegar ao dobre de velocidade que antes da implicación de Intermax Technology no

evento.


Unha comunidade diversa e interxeracional

Os bos resultados da XGN Intermax 2026 reafirman este evento como un atractivo espazo de encontro coa informática, as novas tecnoloxías e o lecer dixital a través da formación, o intercambio de ideas e o entretemento, pero tamén como unha cita cunha comunidade de participantes cada vez máis diversa e interxeracional.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Proba diso é o perfil dos participantes, cunha idade medida de 32 anos e cunha importante presenza de familias nas que pais e nais compartían aprendizaxe e diversión cos seus fillos e fillas. Así mesmo, entre eles, ademais de afeccionados que estudan ou

traballan en sectores moi dispares, rexistráronse numerosos enxeñeiros de empresas

tecnolóxicas punteiras, expertos en informática e tecnoloxía ou profesionais entusiastas

das tic.


Por outra banda, aínda que unha alta porcentaxe destes participantes eran galegos, cabe destacar que houbo rexistrados dun total de once comunidades autónomas, unha máis

que o ano pasado. Ademais de Galicia, acudiron de Asturias, Cantabria, País Vasco,

Madrid, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Valencia, Andalucía e Canarias.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page