A Banda de Música Municipal de Agolada acada un segundo posto no Certame Galego de Bandas
Laura Moure/Agolada
A Banda de Música Municipal de Agolada, baixo a dirección de Miguel Adrián Pazos, acadou o segundo posto na sección terceira do XIX Certame Galego de Bandas de Música, celebrado este sábado, 10 de outubro, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Esta formación musical acadou unha puntuación de 89,42 puntos e quedou a só 2,26 da gañadora.

A Banda Xuvenil de Barro proclamouse vencedora da categoría con 91,68 puntos, mentres que A Lira de Ribadavia ocupou a terceira posición, con 85,93 puntos. Completaron a clasificación a Banda de Música de Cerdedo, cuarta con 78,35 puntos, e a Banda Juvenil do Vale, que acadou 76,98 puntos.
PUBLICIDADE
O certame, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, reuniu esta fin de semana en Pontevedra 17 formacións de Galicia e Portugal, distribuídas en cinco seccións.
PUBLICIDADE
Con este resultado, a Banda de Música Municipal de Agolada volve demostrar a súa presenza no panorama bandístico galego e suma un novo recoñecemento á súa traxectoria musical.









Comentarios