top of page

O IES Pintor Colmeiro de Silleda gaña un primeiro premio no Concurso Micromuseo da Deputación

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Alzouse con este triunfo cun microrrelato sobre o tesouro de Agolada


Laura Moure/Silleda

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a responsable do Departamento de Educación do Museo de Pontevedra, Sabela Santos Filgueira, entregaron hoxe os premios aos centros escolares gañadores do Concurso Micromuseo, convocado pola Deputación a través do Museo de Pontevedra e dirixido a centros escolares da provincia. Os gañadores foron grupos de alumnado do IES Pintor Colmeiro, de Silleda, do CEIP San Clemente de Cesar, de Caldas de Reis,  e do CEIP Plurilingüe de Domaio, de Moaña.

As obras premiadas responden aos requisitos do concurso: microrrelatos en lingua galega en formato audiovisual de non máis de 60 segundos, que teña como eixe temático ou argumental os distintos edificios que compoñen o Museo ou calquera das pezas expostas nel.  Deste xeito, un grupo de escolares do CEIP San Clemente de César, de Caldas de Reis, obtivo o primeiro premio da categoría correspondente a alumnado de 5º e 6º de educación primaria, co microrrelato “O Misterio de Sarria”, no que viaxan no tempo para desvelar o misterio da Estela de Sarria, unha das pezas máis destacadas da colección arqueolóxica do Museo de Pontevedra. Por este traballo, o centro escolar obtivo 1.000 euros, ademais de tabletas para os nenos e nenas do equipo e un lote de libros do Museo.



Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O segundo premio desta categoría foi para alumnado do CEIP Plurilingüe de Domaio, en Moaña, pola peza “O Morto”, que trae a memoria das persoas que perderon a vida polo levantamento militar franquista en 1936, a partir do debuxo ‘Galicia quedou sin mariñeiros’, de Federico Ribas Montenegro. O grupo recibirá cinco libros electrónicos e un lote de libros do Museo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por último, o primeiro premio da categoría correspondente á educación secundaria recaeu no alumnado do IES Pintor Colmeiro, Silleda, polo seu microrrelato “O Tesouro de Agolada”, no que explican visualmente o coñecemento existente sobre a aparición e orixe desde depósito arqueolóxico que forma parte da colección do Museo. O centro educativo recibiu 1.000 euros, ademais de tabletas para os nenos e nenas do equipo e un lote de libros do Museo. O proxecto foi coordinado polo docente Xoán Carlos García Porral.

Con este certame, o Museo de Pontevedra conmemorou o Día Internacional dos Museos, que tivo lugar o pasado 18 de maio baixo o lema ‘Museos pola educación e a investigación’. A temática deste ano coincidiu con dúas das máis importantes dos museos, que se poñen en práctica no Concurso Micromuseo, que fomentou a investigación sobre os fondos do Museo por parte da comunidade educativa.

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page