top of page

O Concello de Vila de Cruces convoca o programa 'Concilia de Verán 2025'

Ofértanse 80 prazas para cada unha das nove semanas do servizo, desde finais de xuño, xullo e agosto


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces pon en marcha un ano máis o Programa Concilia de Verán 2025, unha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais a posibilidade de que nas datas das vacacións do verán (finais de xuño, xullo e agosto) os seus fillos e fillas poidan optar a este servizo para facilitar a conciliación entre a vida laboral e os coidados dos menores.

O programa Concilia de Verán, independente dos cursos de natación, está destinado a aquelas persoas que teñan fillos ou fillas de 3 a 12 anos. Como requisitos, o programa establece que teñen preferencia nas solicitudes os nenos e nenas matriculados no CEIP Cerdeiriñas ou no CEIP Nosa Señora da Piedade; que o neno ou nena e algún dos seus proxenitores estean empadroados no Concello; e que os proxenitores xustifiquen a imposibilidade de atender aos menores no horario do servizo ou que estean de baixa por enfermidade ou maternidade ou paternidade.


A actividade desenvolverase en quendas de semanas, contándose un total de nove semanas no verán, cun horario diario de 9:00 a 14:00 horas. Ofértanse 80 prazas por quenda ou semana, polo que un mesmo solicitante poderá participar en oitos semanas como máximo, para que poida descansar canda menos 15 días.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A recepción e recollida dos participantes realizarase no Pavillón Municipal de Deportes e as actividades do programa desenvolveranse en diferentes instalacións, como son o propio pavillón deportivo, o recinto do colexio Nosa Señora da Piedade, o parque xunto

á Residencia de Maiores, o Auditorio Xosé Casal, a piscina municipal e en zonas exteriores próximas ao pavillón.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A solicitude de inscrición e a documentación complementaria, obrigatoria para conseguir a praza, poderase presentar no rexistro do Concello ou na sede electrónica do 13 ao 23 de maio. Cada semana do programa terá un prezo estipulado (ver bases da convocatoria en https://viladecruces.es/2025/05/07/concilia-de-veran-2025/ ) e se as familias interesadas teñen máis dun neno ou nena poderán ter un desconto do 20 % a partir do segundo fillo ou filla. O pago realizarase nun número de conta habilitado polo Concello e o xustificante deberá enviarse ao correo electrónico mireya.otero@viladecruces.es. O listado provisional de admitidos publicarase na web e redes sociais do Concello o 30 de maio, e o listado definitivo o 9 de xuño.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page