Menos dun mes para o gran certame multisectorial do noroeste peninsular, Abanca Semana Verde
- Laura Moure
- hace 8 minutos
- 2 Min. de lectura
Celebrará á súa 47ª edición do 5 ao 8 de xuño na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda
Laura Moure/Silleda
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia ultima a súa 47ª edición, a cal abrirá as súas portas en algo menos dun mes par volver converterse no gran certame multisectorial de mostras e lecer do noroeste peninsular. Será do 5 ao 8 de xuño cando esta feira volva sorprender ao público que acuda ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda coa incorporación de novidades tanto na súa área expositiva como no seu programa de actividades, ademais de manter propostas que segue demandando o visitante ano tras ano.

Con este obxectivo trabállase estes días na organización da súa exposición, que incluirá unha gran variedade de sectores e os seus xa tradicionais certames paralelos, o Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca); o Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia); a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e a Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca). En todos eles haberá tanto novas participacións de empresas e entidades como presentacións de innovadores produtos que acaban de saír ao mercado.
Publicidade
Ademais, nesta edición Abanca Semana Verde incorpora a estes salóns un máis, Intermax Beauty Show, o cal na súa estrea suporá que o ámbito da beleza e a estética volva a contra en Galicia cun espazo propio para mostrar e descubrir novos produtos, tratamentos, técnicas e tendencias do sector.
En canto ao programa de Abanca Semana Verde, que tamén se está definindo, volverá caracterizarse pola súa amplitude e diversidade. Incluirán de novo actividades orientadas a profesionais e a público xeral, con propostas que contan sempre con gran éxitos e outras que se incluirán por primeira vez.
Publicidade
Unha cita única con entrada gratuíta
Exposición e actividades conforman en Abanca Semana Verde unha proposta única no calendario feiral, á que ademais pode accederse de forma gratuíta por décimocuarto ano consecutivo. Soamente se aboará o aparcadoiro, cun módico prezo destinado un ano máis a incrementar a calidade do programa de actividades.
コメント