Ecos da Comarca/Deza
Os galaicos desprazaronse a Xunqueira de Ambía (Ourense) para realizar o trail de Saltamontes ( Xunqueira ) de 27 quilómetros. "Unha carreira que se presentou nun día espléndido para a súa relaxación cunha organización de 10", indica o Gtr Galaico Trail Rum. Voltaron á casa con bos resultados.
"Emilio Montilla (Vila de Cruces) logrou un cuarto posto na xeral e primeira da súa categoría; Iván Sangiao ( Rábade ) quedou terceiro na súa categoría con grandes sensacións para as futuras probas de longa distancia na que está inmerso nos seus adestramentos; Tamara García ( Dozón ), segunda na súa categoría amosando a súa fortaleza e que é gran corredora tras comezar de menos a máis no transcurso da proba; Gustavo Villar amosou un gran salto de calidade tras entrar no posto 26 na xeral demostrando unha fortaleza o cal teremos que ter moi presente nas seguintes probas tras a súa progresión".
Comments