Laura Moure/Lalín
O club lalinense GTR trasladouse ata Portosín para participar na terceira e última proba do
Trail Series que organiza o Arousa NeO. O grupo de galaicos acadaron uns grandes resultados e participaron na distancia de 21 k e +900 e tamén na curta de 16k e +640.
Por unha banda, na distancia longa desta proba, Alberto Villamor acadou o ouro na categoríavmasculina e Alina Cimepan na categoría feminina. Nesta última, Fátima Nogueira conseguiu a prata e con este grande resultado acadou o primeiro posto do Circuíto Arousa NeO.
Dende o Club felicitan a esta deportista por este espectacular resultado. Nesta mesma proba tamén participaron Patricia Montoto e Daniel Santalla, quen chegou a 12ª posición.
En canto á distancia curta, Tania Jordedo fíxose co bronce da súa categoría e logrou o ouro tamén da categoría no circuíto curto.
Por outra banda, tamén houbo representación no Trail Caolin-Fuciño do Porco (O Vicedo) onde Fran D T se subiu ao podio no segundo chanzo da categoría máster 50.
Finalmente, houbo representación na Extrema Manzaneda, unha proba de 17,5 k e +900, na que o deportista Gustavo González obtivo un merecido cuarto posto na carreira.
Comments