O goberno municipal de Silleda sopesa unha nova consulta popular para os festivos locais
- ecosdacomarca
- 26 sept 2023
- 2 Min. de lectura
A proposta para 2024, con luns da Festa da Empanada e o 19 de setembro Día da Saleta, toda vez que a parroquia deciciu volver a recuperar a data, someterase a aprobación do pleno ordinario este xoves
Ecos da Comarca/Silleda

Como vén sendo habitual nas sesión plenarias ordinarias do mes de setembro, o Concello de Silleda fixará no pleno desta semana os festivos para 2024. A proposta do goberno, que xa foi dictaminada en comisión cos votos a favor do grupo socialista e o BNG e a abstención do PP, pasa por declarar festivos o xoves 19 de setembro, día da Saleta, e o luns 26 de agosto, posterior á Festa da Empanada, toda vez que a asociación organizadora comunicou as datas do vindeiro ano trala asamblea ordinaria da semana
pasada.
Esta proposta, vén a recuperar o resultado da consulta popular celebrada entre a veciñanza en 2009, na que se elixiron como festivos locais o Día da Saleta (pasando ás Festas de Silleda no caso de caer en fin de semana) e o luns da Festa da Empanada, toda vez que a tradicional romería de Siador se volverá a celebrar o 19 de setembro. Nos últimos 4 anos, veuse celebrando un dos dous festivos locais o venres das Festas de Silleda, ao coñecerse a decisión da comisión da Saleta de trasladar a celebración ao fin de semana.
Publicidade
Á vista de que ca consulta celebrada o pasado mes de maio na parroquia de Siador se acordou volver á data tradicional do 19 de setembro, retómase o acordo que se viña mantendo na última década.
Publicidade
Aínda así, dende o goberno municipal, o alcalde, Manuel Cuiña, advirte que “somos conscientes que hai distintas sensibilidades á hora de establecer os festivos locais, polo que estamos sopesando celebrar unha nova consulta nos vindeiros meses entre toda a veciñanza do municipio para volver a establecer, con criterios democráticos, as xornadas festivas no termo municipal de Silleda”, engade.
Comments