top of page

O goberno municipal de Silleda aproba o proxecto de mellora da pista da Laxe, en Oleiros

O investimento previsto no tramo, dende o lugar do Carballo ata Forcas, xa na parroquia de Laro, supera 119.000 euros e realizarase en colaboración co Programa Camiña Rural


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, vén de recibir a comunicación da concesión do Programa Camiña Rural (anteriormente coñecido como Plan Marco), convocado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e que este ano se destinará á reforma integral do vial de A Laxe, en Oleiros. A través desta axuda financiaránse 98.476,79 euros dos 119.156,92 euros que custa o proxecto. Trátase da pista que vai dende a estrada autonómica PO-201 (Silleda-Laro), no lugar de O Carballo ata a localidade de Forcas, xa en Laro. Esta é ademais a única vía de acceso para a veciñanza do lugar de A Laxe, en Oleiros.

Ademais da reforma integral desta vía, que con máis de 1,4 kilómetros, comunica un dos núcleos con máis poboación da zona, tamén se mellorará o trazado no tramo inicial, eliminando unha curva pronunciada grazas a cesión de tres persoas propietarias. Eses terreos, entran ademais no proceso de concentración parcelaria que se están a levar a cabo na localidade de Oleiros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nunha zona onde se concentran tamén varias explotacións agrogandeiras e pola que circula o transporte escolar. Con esta obra mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións, como a dotación de cunetas tendidas en algún tramo. Os traballos licitaránse dende o Concello de Silleda nas vindeiras semana.


Nos últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro), o de O Castro-Negreiros, Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro e Rabo de Gato, en Moalde. “Con esta actuación seguiremos mellorando a rede de estradas municipais e os servizos para a veciñanza”, engade a alcaldesa, Paula Fernández.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page