top of page

O goberno local insta a Cati Somoza e ao PP de Rodeiro "a non demorar o seu paso polos xulgados"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Rodeiro

O goberno municipal insta a Cati Somoza e ao PP de Rodeiro a non demorar o seu paso polos xulgados. "Que Cati Somoza non dea explicacións e so pretenda eludir a súa responsabilidade ao trasladar que ela deixara o seu cargo no ano 2020 di moito da clase de política que é máis olvida un detalle, que non é o grupo de goberno quen fala de presunto fraude en precampaña electoral, é o informe xurídico polo que non entendemos que os ataques se dirixan aos portavoces do actual equipo de goberno".


Lamazares e Camiñas. Autor: Ecos da Comarca.

O alcalde, José Luis Camiñas, e o tenente de alcalde, Alberte Lamazares, trasládanlle a voceira do PP, Cati Somoza, "que non lance farois nos medios de comunición e se dirixa ao xulgado, pero que non se olvide de levar toda a documentación e os informes xurídicos aínda que se o fai así igual xa ten que dar ela explicación ese mesmo día".


O goberno local recalca que "aquí as cousas estan claras:

  • 140.166€ máis outros 40.000€ que xa foran pagados polo PP de Rodeiro en Transporte. Cos prezos actuais serían preto de 1.000 viaxes de zahorra que a día de hoxe aínda non logramos descubrir a onde foron parar debido a desfeita que nos encontramos nas pistas do rural.

  • Todos eses portes, segundo o informe de Intervención, foron contratados a través dunha mesma empresa e esta facturounos a través de outras 7 empresas burlando así as normas de contratación pública, practica denominada bulgarmente como “PITUFEO”.

  • A modo de exemplo, os portes de LUGO están facturados a 605€ cando a día de hoxe saen a 350€.

  • Este empresario traslada que os prezos do porte e de como se xestionou a facturación é consciente Cati Somoza".

 

Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"Por último, se Cati Somoza non era consciente, preguntámosnos, porque vota a favor de pagar un “presunto fraude”?? Nós pensamos que será porque Cati Somoza estaba comprometida co pago destas facturas, outra cousa e que ela nos queira explicar estes supostos compromisos", subliña o equipo de goberno de Camba.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page