top of page

O Goberno local de Melide lamenta que ao PP "non lle preocupe a seguridade dos usuarios de Furelos"

Informa que abrirá as piscinas exteriores unha vez rematen as obras que está a acometer Augas de Galicia e poida acondicionarse a zona para que non haxa perigo para os bañistas


Ecos da Comarca/Melide

O equipo de Goberno do Concello de Melide lamenta a “falta de responsabilidade” do PP no que atinxe á seguridade dos usuarios e usuarias da área recreativa de Furelos. O Goberno local sae así ao paso das declaracións feitas polo Grupo Municipal do PP nas que reclaman a apertura “inminente” das piscinas exteriores cando coñecen “ou deberan coñecer” a situación na que se atopa a zona logo das obras que está a realizar Augas de Galicia.

Explica que o espazo verde que dá acceso ao río, a que se emprega para tomar o sol nas hamacas e a zona de esparexemento atópanse valadas por mor das obras que está a levar a cabo Augas de Galicia, polo que o Goberno local considera “o máis prudente e aconsellable” non adiantar a apertura das instalacións anexas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais disto, sinala que unha vez que remate a primeira fase das obras que esta a acometer Augas de Galicia, será preciso acondicionar a zona para o seu uso por parte dos bañistas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A previsión do Goberno local é que as instalacións poidan abrir ao público a maior brevidade posible, unha vez rematados os traballos de acondicionamento precisos e se

cumpran as condicións indispensables de seguridade que permitan que usuarios e

usuarias desfruten das piscinas e da zona verde “sen risco algún”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page