top of page

O goberno galego rexeita as emendas do BNG, "evidenciando o seu nulo compromiso con Lalín"

Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque lamenta que "o goberno galego rexeite as emendas do BNG, evidenciando o seu nulo compromiso con Lalín". A votación en contra do PP galego ás emendas presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta leva por diante investimentos que os nacionalistas consideran chave para o desenvolvemento de sectores económicos lalinenses, para garantir a atención sanitaria ou para a mellora das nosas infraestruturas.


Veñen de aprobarse esta semana os orzamentos da Xunta de Galiza para o exercicio do 2026, uns orzamentos que os nacionalistas consideran “deixan atrás as emendas do BNG, coas que se solicitaba investimento para o que nós consideramos prioritario no noso concello” aclara a deputada nacionalista Ariadna Fernández, que insiste en que “hai necesidades urxentes que non se contemplan para Lalín nos orzamentos da Xunta nin se queren contemplar, polo visto, aínda que inflúan gravemente na vida dos veciños e das veciñas”.

Destacan, nesas prioridades para o BNG “a atención sanitaria, na que solicitamos que o servizo de pediatría se preste en horario de tarde, algo que beneficiaría a grande parte dos concellos da comarca e evitaría que as familias teñan que desprazarse ao CHUS no caso de que as súas crianzas enfermen polas tardes, para ser atendidos alí por un especialista que non temos no CIS; ou que se reverta a situación de precariedade do servizo de saúde mental do centro de saúde, cun sicólogo e psiquiatra máis que poida

evitar as listas de agarda de máis de 6 meses que temos no concello para o acceso á

atención neste eido” responde Fernández.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén se recibiu o voto en contra do PP fronte a proposta da creación dunha residencia e centro de día para Lalín, unha solicitude recorrente que dende o BNG consideran de vital importancia para as persoas maiores e as súas familias, para garantir unha calidade de vida e unha atención adecuada e preto dos seus fogares para os noso maiores.


Tampouco foron aceptadas polo goberno galego as emendas relativas ao investimento de 5 millóns de euros para darlle un impulso ás parcelarias do concello de Lalín, feito que sorprende á deputada, que indica “nun concello cun sector agrogandeiro de grande importancia e cun dos seus concelleiros no grupo de medio rural de Galiza chama a atención que non haxa ningún investimento real para darlle un pulo as nosas concentracións parcelarias, considero que é un erro seguir atrasando esta ordenación nos lugares onde están comezadas”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os nacionalistas lamentan que o PP non lle dea a importancia que teñen aos concellos coma Lalín e que non se esforcen en ofertar servizos necesarios para que a súa poboación quede en zonas rurais e de interior que se atopan en situación de crise demográfica. Non entanto continuarán a traballar para conquerir esas melloras

necesarias.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page