"Adicionalmente durante esta fin de semana o núcleo urbano de Vila de Cruces estivo literalmente ás escuras", acusa
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
"Os veciños e veciñas puideron comprobar persoalmente como o Goberno local ha decidido non instalar as luces de Nadal en Vila de Cruces durante este ponte da constitución e a festividade da Inmaculada Concepción. Adicionalmente durante esta fin de semana o núcleo urbano de Vila de Cruces estivo literalmente ás escuras. Non só sorprendeu aos veciños se non tamén aos turistas que se atoparon cun pobo sen programación lúdica nin o mínimo espírito do Nadal", critica o PP deste municipio.
Publicidade
Ante a negativa, sinala, "do Goberno Local durante o último pleno celebrado de non apoiar unha campaña específica para o comercio local, hostalería e turismo durante estas datas tan concorridas de decembro e xaneiro, sorpréndenos a falta de actividades e iniciativas e a ausencia da iluminación de Nadal non só para fomentar o desprazamento entre parroquias senón tamén para atraer visitantes de municipios limítrofes".
Publicidade
"O Sr. Taboada gastou máis dun millón de euros en mellorar a eficiencia enerxética da iluminación pública nas parroquias, agora poderá instalar iluminación de Nadal en todas as parroquias de núcleos de poboación. Lembramos ao Sr. Alcalde que na maior parte dos lugares cambiáronse os cadros eléctricos pero non se instalaron os contadores, xa pedimos explicacións respecto diso sen resposta algunha. Entendemos que poderá alumar con luces do Nadal na maioría das parroquias debido a que ao non haber contadores non se pagará consumo".
Publicidade
Comments