top of page

O goberno de Silleda defende unha rebaixa “viable e responsable” do IBI avalada por informes técnicos

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, insiste en que o executivo local “apostará por unha baixada real, pero sustentada en datos e sen comprometer os servizos públicos”


Ecos da Comarca/Silleda

O goberno municipal de Silleda vén de presentar aos grupos da oposición unha rebaixa do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) que se move nos límites planteados por informes técnicos municipais. A iniciativa chega despois da xunta de voceiros da semana pasada

na que a alcaldesa compartiu cos gruos da Corporación o informe de Intervención solicitado tras unha enmeda da propia alcaldía a proposta do PP de rebaixa dos tributos sen análisis nin informes que o avalase.


“Esa proposta deixaba ao Concello nunha situación de inseguridade tributaria e con risco de non sen capaces de aterneder os servicios mas ibasicos, tan solo por ter un titural”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, xa que reclamada unha baixada do 0,53 ao 0,45 no IBI urbano e do 0,43 ao 0,30 no rústico. Ademais, a proposta incluía unha batería de bonificacións que chegaban a porcentaxes do 75 % e mesmo do 95 % para determinados supostos.

Tras aquela sesión, o pleno desestimou a proposta do PP e acordou pedir un informe á Intervención para determinar se esa baixada era compatible coa estabilidade financeira do Concello. O documento, conclúe que a proposta da oposición “copia a lei estatal, pero

sen desenvolver cuestións básicas como prazos, requisitos técnicos, duración das bonificacións ou mecanismos de control”, o que, segundo o interventor, faría “practicamente inaplicable” algunhas das medidas formuladas.


No apartado económico, o informe analiza a evolución do padrón do IBI entre 2021 e 2025 e o efecto da inflación nos custos municipais. O interventor lembra que ingresos como o IBI “apenas medran dun ano para outro”, mentres que a inflación “dificulta manter os servizos públicos polo incremento do seu custo”.


A conclusión técnica é clara: unha baixada tan profunda como a que propoñía a oposición obrigaría, se non se adoptan outras medidas, a “reducir servizos ou investimentos”. Segundo o estudo, a marxe de redución que permitiría conservar o nivel actual de prestación de servicios é moito máis moderada que a solicitada polo PP: entre o 0,50 e o 0,52 no IBI urbano, e entre o 0,40 e o 0,42 no rústico. Esa é a banda na que se moveu o goberno local á hora de presentar a súa proposta definitiva aos voceiros, dos que están a espera dunha resposta


A alcaldesa sinala que a decisión final é política, pero advirte de que debe basearse en datos obxectivos. “Cada décima do tipo do IBI tradúcese en miles de euros que permiten manter servizos básicos. Non imos facer anuncios irresponsables nin asumir riscos que poidan prexudicar á veciñanza”, explica Fernández Pena.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Xunto á rebaixa do imposto, o goberno presentoulles o informe do interventor en relación as bonificacions plantexadas no que analiza con detalle as bonificacións que o PP incorporara á súa proposta. O documento é contundente: considera que o articulado presentado polos populares “carece do desenvolvemento regulamentario imprescindible” e que, ao limitarse a reproducir a lei estatal, “omite cuestións básicas como duración das

bonificacións, requisitos técnicos, procedementos de control, prazos ou mínimos e máximos aplicables”. O interventor advirte de que, tal e como estaba redactado, permitiría incluso acceder a bonificacións permanentes por instalacións solares mínimas ou bonificar parcelas enteiras por un só punto de recarga, algo que cualifica de “problemático” e contrario á intención da norma.


Ademais, sinala que non existe ningún cálculo nin estimación da perda de recadación asociada, polo que a proposta “non garante nin seguridade xurídica nin estabilidade financeira. Por elo, a alcaldesa e concelleria de Facenda presentoulles a oposicion un

paquete de bonificacións “construído con rigor xurídico e económico” e elaborado á marxe do documento da oposición. As novas bonificacións céntranse en tres ámbitos: familias numerosas, autoconsumo enerxético e vivenda en alugueiro regulado.


A primeira delas, dirixida ás familias numerosas, diferenciará entre categoría xeral e especial e graduarase segundo o valor catastral da vivenda habitual. A segunda, centrada no autoconsumo solar, establece unha bonificación do 50 % durante tres anos, pero fixa requisitos técnicos mínimos e limita o feito bonificable a paneis, inversores e equipos asociados, evitando que obras accesorias poidan beneficiarse da medida. A terceira bonificación favorecerá aos propietarios que destinen vivendas ao alugueiro habitual baixo as condicións que marque a normativa da Xunta de Galicia en materia de vivenda protexida e prezos regulados. O Goberno municipal destaca que esta medida busca “incentivar o acceso á vivenda e apoiar a quen aposta por prezos xustos”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

“Queremos un IBI máis xusto, máis social e máis sostible”, resume a alcaldesa. “A rebaixa será real, pero responsable. As bonificacións estarán ben feitas, non serán un catálogo sen desenvolver. E calquera decisión que tome o pleno terá consecuencias que todos debemos asumir con rigor”.


O executivo silledense agora está á espera da resposta da oposición antes de iniciar a tramitación formal da modificación da ordenanza. “Debemos chegar a un acordo entre todos, con responsabilidade e ao amparo dos informes técnicos, para poder aprobar unha rebaixa do IBI que sexa viable. Calquera outro movemento político fóra deste marco non sería máis que ruído e demagoxia”, advertiu a alcaldesa.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page