O goberno de Rodeiro "desmonta con datos a "demagoxia" do PP"
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 3 min de lectura
Fala "de máis de 1,4 millóns para o rural" e asegura que o concello "está a pleno rendemento"
Ecos da Comarca/Rodeiro
Fronte Frente ás acusacións de "parálise" verquidas polo Partido Popular (https://www.ecosdacomarca.com/post/a-voceira-do-grupo-do-pp-de-rodeiro-denuncia-a-absoluta-par%C3%A1lise-do-concello) , o goberno municipal de Rodeiro respondeu onte con rotundidade poñendo sobre a mesa "as cifras reais de xestión e o traballo a pé de campo". O executivo local cualificou de "demagoxia" as críticas da voceira popular, Cati Somoza, e demostrou "cun fito de persoal operativo que o Concello se atopa a pleno rendemento, especialmente no coidado e mantemento do rural".
Neste sentido, o goberno informa que acaba de adxudicar esta mesma semana unha nova obra de mellora de pistas municipais, concretamente na parroquia de Álceme, por un importe de 40.318,98 €.
Un investimento histórico en vías rurais para 2026
Con esta última adxudicación, apunta que o montante tota destinado a asfaltados e arranxos de camiños nos lugares do municipio para este ano 2026 elévase ata unha cifra récord de 1.462.512,15 € (repartidos en partidas de 203.976,98 €, 40.318,98 €, 101.999,48 €, 507.405,76 €, 498.827,77 € e 109.983,18 €).
Dese total millonario, un bloque de 539.146,75 € xa está formalmente adxudicado e conta cun prazo de execución que se estenderá ata o outono. "Así mesmo, unha das partidas, de 101.999,48 €, corresponde a unha axuda que se acaba de conseguir da Xunta de Galicia e que sairá a licitación na vinceira quincena". Respecto dos fondos restantes, dende o executivo aclaran que "ao Concello non lle resta por sacar ningún trámite administrativo" e que se está á agarda de completar as sinaturas de convenios ou a simple aprobación por parte de outras administracións.
PUBLICIDADE
Un despregue de operarios sen precedentes nun venres
"Para falar de parálise hai que estar moi desconectado da realidade diaria de Rodeiro", sinalou o concelleiro de Servizos Básicos, Manuel Deza, quen detallou o mapa de traballo a pé de rúa que se está a desenvolver hoxe mesmo, (por onte) cun volume de operarios activos na rúa que "probablemente non se deu xamais na historia deste concello nunha soa xornada":
• Equipo de bacheo: Un palista e catro peóns traballando intensivamente nas vías municipais.
• Piscina Municipal: Dous peóns ultimando os detalles no recinto para que a instalación poida abrir as súas portas mañá mesmo, sábado 27 de xuño.
• Prevención e rozas: Tres peóns en desbroce apoiados por un tractorista actuando na parroquia da Portela.
• Servizos básicos: Dous operarios centrados en arranxar varias traídas de auga veciñais.
• Limpeza: Unha limpadora centrada poñendo a punto os espazos públicos do municipio.
• A maiores: Unha persoa de vacación e un de baixa.

"A este cadro de persoal propio súmase o obradoiro de emprego actualmente en marcha, que conta con 24 persoas dadas de alta, uns campamentos infantís con máis nenos que nunca para facilitar a conciliación familiar, e unha potente programación cultural de verán xa deseñada", recalca o goberno local.
PUBLICIDADE
Reto para o vindeiro Pleno
"De parados, nada; estamos traballando a un ritmo que o PP no seu día non sostivo xamais", subliñou Lamazares. Por iso, o alcalde en funcións instou directamente a Cati Somoza a "aproveitar o vindeiro pleno municipal para demostrar con datos reais sobre a mesa en cal dos anos nos que ela gobernou en Rodeiro houbo semellante cantidade de proxectos e contía económica para investir no rural".
"O movemento demóstrase andando e a xestión demóstrase traballando como hoxe fan os nosos operarios nas aldeas. Esperamos á señora Somoza no pleno para ver quen executa máis recursos en Rodeiro, se os gobernos do PP ou este bipartito", concluíu o rexedor en funcións.








Comentarios