O Galaico Trail Run participou o pasado domingo en dúas probas
- ecosdacomarca

- hace 25 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O Galaico Trail Run participou o pasado domingo en dúas probas.
A primeira tivo lugar no concello de Ames, o Vll Trail Ribeiras do Tambre de 16 quilómetros e 550+ no que "o noso Iker Núñez fixo o seu primeiro pódium o rematar 3º na categoría Absoluta. Resaltar tamén o gran 9º posto na xeral de Rubén González contra 200 corredores", recalca o club.

Publicidade
Acompañáronos na competición Tony Taboada, Adrián Riádigos, de Vila de Cruces, Alberto Colmeiro, Pablo Cacheda e Alberto Martínez, de Touro.
PUBLICIDADE
O mesmo día en Bueu foi o Trail do Nocedo, que na distancia de 27k e 1600+ era o Campionato Xunta de Galicia individual de carreiras por montaña. Alina Cimpean chegou e Lucía Peón chegaron 4ª e 5ª respectivamente na categoría Vet. A. No mini trail de 15k 600+ de desnivel participaron Óscar Vázquez, Alba Blanco e Elisa Abeledo.








Comentarios