O Galaico Trail Run participou a pasada fin de semana en distintas probas, incluso fóra de Galicia
- ecosdacomarca

- 12 may 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O Galaico Trail Run participou a pasada fin de semana en distintas probas, incluso fóra de Galicia. Estes foron os resultados:

O sábado 10 de maio disputouse a XXlV dedición da mítica 101 quilómetros 24h. La legión de Ronda e participou o equipo do Galaico Trail Run, formado por Antonio Agulló, Juan Varela, Ana López, Alberto Martínez, Miguel e Belén Vázquez, que remataron a dura proba Malagueña en 17 horas e 16 min. A 101 conmemora a marcha da legión dende Tetuán a Melilla para salvar a cidade en 1921.
O sábado a Noite foi a SantYaGo en Compostela proba de 10k na que foi un bo grupo de Galaicos destacando a Camilo Framiñán 25º de 1300 participantes, tamén correron Manu Gómez, Juan Granja, Isa López, Se Senande, Oscar Vázquez, Isa González e Lucía González.
Publicidade
Xa o domingo no Xl Trail Vila de Cuntis na distancia longa de 24k Lucía Peón acadou o 1º posto da xeral femenina seguida moi preto de Andrea Vázquez que conseguiu o 2º posto.
E para rematar en Zamora Marga Blanco logrou o 2º posto da súa categoría na Carreira del Cerco.







Comentarios