top of page

O futuro do balonmán galego cítase en Silleda para aposta de longo do CESA 2026

A Federación Galega de Balonmán presenta oficialmente ás súas seleccións nunha gala no Recinto Feiral Semana Verde que será retransmitida pola TVG


Ecos da Comarca/Silleda

A Federación Galega de Balonmán convoca aos medios de comunicación á Gala de Presentación Oficial das Seleccións Galegas que representarán á nosa comunidade no

vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA 2026).

ree

O evento terá lugar este domingo, 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Pavillón 1 do

Recinto Feiral Semana Verde (Silleda). Trátase do acto central de presentación para a

expedición galega, onde centos de deportistas de categorías infantil, cadete e xuvenil (tanto masculina como feminina) vestirán por primeira vez o equipamento oficial de competición.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"Esta gala pretende ser unha exhibición do potencial deportivo de Galicia. O CESA é o maior escaparate do balonmán nacional en idades de formación. Durante a cerimonia,

contaremos coa presenza de directivos da Federación, autoridades autonómicas e locais, así como os corpos técnicos e as futuras estrelas do noso deporte", sinala a organización.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A magnitude da montaxe no recinto de Silleda e a cobertura televisiva en directo subliñan a

aposta estratéxica da Federación por dignificar o balonmán base e a "Marca Galicia" no

panorama estatal.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page