O festival 'Son Labreg@' chega a Santiso o 17 de setembro
- ecosdacomarca

- 30 ago 2022
- 1 min de lectura
Laura Moure/Santiso
Este ano o V Festival Son Labreg@, Colapsar agora para evitar aglomeracións celebrarase o vindeiro 17 de setembro en Visantoña, no municipio de Santiso.

O festival Son labreg@ é un espazo de xuntanza, de ledicia combativa, de análise, de festa... que organiza o Sindicato Labrego Galego, desta volta en colaboración co Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña.
"Este ano contaremos coa participación, entre outras, do escritor Carlos Taibo para debater sobre decrecentismo, consumo e colapso, e pola tarde debullaremos colectivamente saídas á crise enerxética e abondaremos nas claves e estratexias que neste sentido fornecen os proxectos agroecolóxicos", informa o Concello.

En breve, sinala, "teremos o programa con todas as palestras e os concertos musicais".






Comentarios