top of page

O feito a man triunfa nos Pendellos de Agolada

O Corazón da Artesanía pon hoxe, domingo, o broche final, despois de arrancar o venres


Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

Actuación de De Vacas onte en Agolada. Autor: Fundación Artesanía de Galicia.

Unha edición máis o Corazón da Artesanía de Galicia enche de colorido e calidade os Pendellos de Agolada. Esta cita, que este ano cumpre a undécima edición, está organizada pola Fundación Pública Artesanía de Galicia dependente da Xunta. Este ano concéntranse neste enclave histórico 53 profesionais, 32 expositores de produtos gourmet e hai talleres especializados para artesáns como obradoiros para o público en xeral así como actividades para os cativos. Arrancou este venres e poñerá o broche final, hoxe domingo.



Publicidade

É unha cita que mistura artesanía, gastronomía e música e que cada ano acerca ata este concello de Deza a milleiros de visitantes de todos os recunchos. Este ano a música ao longo destas tres xornadas corren a cargo de Comando Curuxás, De Vacas, Bico da Balouta, O Sonoro Maxín, Xavier Díaz e as Adufeiras de Salitre e Xirandaina.


Ecos da Comarca estivemos o venres pola mañá e falamos con máis dun artesán. O vídeo no enlace: https://www.facebook.com/100064070351960/videos/1025322422296643


Publicidade

A programación de hoxe:



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page