top of page

O estraño terremoto de Ponte Taboada (Silleda-Lalín)

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas


Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre o terremoto que se rexistrou o pasado sábado, 8 de novembro, con epicentro en Silleda.

Vista do río Deza á altura da Ponte Taboada vella (románica), , onde a profundidade do río acada os 8 metros, debido á Falla Occidental do Carrio.
Vista do río Deza á altura da Ponte Taboada vella (románica), , onde a profundidade do río acada os 8 metros, debido á Falla Occidental do Carrio.

"O sábado, 8 de novembro de 2025, ás 9:30 horas, tivo lugar un pequeno terremoto nas inmediacións de Ponte Taboada (na Ponte Taboada románica), segundo detectaron os sensores sísmicos (sismógrafos) do Instituto Geográfico Nanional (IGN). En realidade tratouse dun movemento sísmico de baixa intensidade (3,3) e moi superficial, orixinado a unha produndidade de 5 quilómetros. De todas formas tanto a vibración como o ruído xerado foron, perfectamente, percibidos pola poboación en varios quilómetros "á redonda", pese a súa escasa duración e sen que se produciran réplicas.


Para que se produza un fenómeno destas características é preciso que exista unha falla (fractura no territorio) na que teñen lugar pequenos movementos denominados axustes ou reaxustes. Na nosa zona, Comarca de Deza, existen numerosas fallas de reducida extensión, con predominio das que teñen dirección NL-SO, que son o resultado ou consecuencia do último gran pregamento orixinado hai uns 50 millóns de anos, o pregamento Pirenaico-Alpino.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Aínda que estamos nunha zona xeolóxicamente moi estable, iso non quita que, de cando en vez, se produzan pequenos movementos, como o que acaba de suceder aquí, nas inmediacións de Ponte Taboada, onde se localiza o extremo Sur da "Falla Occidental do Carrio". Esta falla non aparece nos mapas xeolóxicos, pero mediante unha atenta observación de fotos aéreas e visualización no territorio, pode detectarse con certa facilidade.


1- A FALLA OCCIDENTAL DO CARRIO

A discontinuidade que se aprecia no territorio, polo lado occidental da Serra do Carrio, condiciona o relevo deste espazo xeográfico e, pola súa situación, ben merece que a denominemos a "Falla Occidental do Carrio". Nas fotos aéreas, observadas por medio dun estereoscopio, pódese observar a existencia dun alineamento de dirección NNE-SSO, de 13 quilómetros de lonxitude, entre Ponte Taboada I (ponte románica) e o Monte das Penas (Oeste de Fornelos, Vila de Cruces). Este accidente tectónico segue un trazado rectilíneo contínuo desde As Dezas, en Praduxao, ata o citado Monte, escalonando a Serra do Carrio (altura máxima en Penarredonda con 827 metros), pero entre As Dezas e Ponte Taboada románica, a falla fragméntase en dúas partes, coincidindo a fenda con cambios de similar dirección no río Deza.

ree

Entre o lado occidental e o oriental da falla hai un desnivel significativo, que se aprecia na zona da ponte, sendo máis elevado o bloque oriental (concello de Lalín). Así, Coto de Nares, cercano ao Pazo de Liñares, ten unha altura máxima de 445 metros fronte a 415 metros acadados en O Rodo, ao Oeste da aldea de Ponte (concello de Silleda). Entre ámbolos dous puntos o río Deza transita por Ponte Taboada románica a unha altura de 347 metros. O desnivel relativo do río respecto do Coto de Nares é de case 100 metros, mentres que do lado de Silleda non chega aos 70 metros.


2- A MODO DE CONCLUSIÓN

Ata o de agora non hai constancia de que se teñan orixinados movementos sísmicos nesta zona, pese a gran explotación de áridos nas Canteiras de Rosende, na parroquia silledense de San Miguel de Ponte, na marxe esquerda do río Deza, aberta no ano 1986. Non contar con rexistros sísmicos que poñan de manifesto a actividade desta zona estable xeoloxicamente, non quere decir que, algunha vez, de forma sorprendente, teñan lugar estes fenómenos telúricos.


A Falla Occidental do Carrio, non só inflúe na paisaxe, no escalonamento da Serra do Carrio, senón, tamén, no propio trazado do río Deza que debe adaptarse ás condicións impostas pola tectónica.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page