Ecos da Comarca/Deza
A pasada fin de semana unha parte do equipo de corredores/as de Centro ETP (Encuentra Tu Potencial) de Lalín volveu pisar o asfalto dunha das carreiras mais lonxevas do panorama galego, e que desde fai unhas poucas edicións loce a distinción de internacional. O equipo adestrado por Vanesa Insaurralde volveu á popular de Negreira (como o vén facendo desde hai xa 7 anos) esta vez representado por Manuel Presas, Andrés Lareu, Alfredo Pereiro, Bárbara Sánchez e o escolar Miguel Abeledo.
Publicidade
"Destacamos a mellora de marca persoal de Andrés Lareu (superior a 1 minuto), como tamén a de Manuel Presas e Bárbara Sánchez. Ao mesmo tempo desde Centro ETP tamén queremos estender o parabén a Isabel González (que adestra connosco e nesta proba representou ao club de montaña GTR) por esa mellora de marca persoal respecto ao ano pasado", sinala o centro dezá.
Comments