A Cidade da Cultura acolleu o acto de presentación do programa da Festa deste ano, que terá lugar dende hoxe, 20 de xaneiro, ao 18 de febreiro
Laura Moure/Xeral
Os oito concellos da comarca natural da Ulla presentaron o programa do Entroido dos Xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese TurÃstico de Galicia, que neste ano celebrarase dende hoxe, 20 de xaneiro, ao 18 de febreiro con múltiples atranques organizados polas agrupacións veciñais dos case 30 lugares e parroquias nos que anualmente ten lugar esta tradición.
A presentación do programa tivo lugar na Cidade da Cultura, nun acto no que participaron representantes dos oito concellos que dende o ano 2011 veñen traballando de maneira conxunta: Boqueixón, A Estrada, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
Publicidade
No acto interviron a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti SanmartÃn, a alcaldesa de Teo, LucÃa Calvo de la UZ, e os representantes da Comisión do Entroido de Lestedo, José Manuel Iglesias, e o representante da Asociación Cultural Xenerais da Ulla de Santiago de Compostela, Jesús Cebeiro, que falaron en nome das múltiples agrupacións e entidades veciñais que manteñen viva esta festa propia e singular da comarca da Ulla.
Tamén estiveron presentes, en representación dos outros oito concellos do grupo, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, o concelleiro de cultura de A Estrada, Juan Constenla, a alcaldesa en funcións de Silleda, Mónica González, o alcalde de Touro, Roberto Castro, o alcalde de Vedra, Carlos MartÃnez, e o alcalde de Vila de Cruces, Luis Celso Taboada.
Ademais, asistiron ao evento a directora de promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita, a directora xeral de Patrimonio Cultural, MarÃa del Carmen MartÃnez, o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, a deputada de Cultura da Deputación de A Coruña, Natividade González, e a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Ruth González.
Publicidade
O Entroido dos Xenerais da Ulla remonta as súas orixes á primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese perÃodo: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Os oito concellos nos que se celebra o Entroido conseguiron que no 2014 tivera lugar a primeira edición do Entroido xa como Festa de Interese TurÃstico de Galicia.
Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de polÃtica ou do corazón.
Publicidade
As personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de polÃtica ou do corazón.
Toda a información e o programa do Entroido dos Xenerais da Ulla pode consultarse en xeneraisdaulla.gal e nas distintas contas que o grupo dos oito Concellos está impulsando nas principais redes sociais para promocionar o evento: Facebook, Twitter e Instagram
NOTICIA RELACIONADA:
Calendario dos atranques: https://www.ecosdacomarca.com/post/volven-os-xenerais-da-ulla-do-20-de-xaneiro-ao-18-de-febreiro