top of page

O entroido da Bandeira arranca este venres coa tradicional vellada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

A vila da Bandeira comeza cos festexos do Entroido mañá, venres, a partir das 20:00 horas. E faino coa tradicional vellada. A festa estará amenizada por unha charanga e por un grupo de foliada que animarán á veciñanza que acudirá disfrazada de "vellos e vellas" polos distintos establecementos do pobo. Ademais, o pincho dos bares seguirá a temática da festa, filloas e chourizo, para evitar botar de menos o tractor filloeiro que recorría as rúas en anos anteriores.

"A vellada será a antesala ao día grande da Bandeira, o sábado, día completo para os festeiros. Cabezudos, alto dos xenerais, desfile e...festa rachada!", indica a organización, a Asociación Xenerais do Entroido da Bandeira.


A celebración desta data continuará este sábado.


O CARTEL COMPLETO DE AMBAS XORNADAS:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page