top of page

O encoro de Portodemouros, en Brocos, está en nivel vermello pola presenza de cianobacterias

Dende principios de xullo estaba en nivel amarelo, polo que está prohibido o baño e as actividades acuáticas


Laura Moure/Agolada

O pasado 7 de xullo xa publicamos en ECOS DA COMARCA que estaba prohibido o baño na área recreativa de Brocos, en Agolada, debido ao nivel de alerta amarelo pola presenza de cianobactarias. E este venres, o Concello de Agolada, informou que o nivel ascendeu a vermello (nivel 3). Esta é a máxima categoría de risco sanitario e implica tamén a prohibición das actividades acuáticas na zona.

Estado do encoro de Portodemouros a principios de xullo. Autor: Ecos da Comarca.
Estado do encoro de Portodemouros a principios de xullo. Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Segundo o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, este nivel de alerta actívase cando existe unha alta probabilidade de que a proliferación destas bacterias poida provocar efectos adversos para a saúde. O contacto coa auga contaminada pode ocasionar irritacións na pel, problemas gastrointestinais e outros trastornos, polo que se recomenda evitar calquera contacto coa auga ata novo aviso.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde as administracións insístese na importancia de respectar a sinalización instalada na contorna e seguir as recomendacións sanitarias para garantir a seguridade das persoas usuarias deste espazo durante o período estival.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para ler o manifesto.
Preme na imaxe para ler o manifesto.

NOTICIA RELACIONADA:

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page