top of page

O edil cruceño Manuel Souto anuncia que non irá en ningunha candidatura que encabece Jesús Otero

"Nesta última lexislatura a política municipal asemella unha loita entre dous que intenta nubrar as achegas que poidan facer calquera dos outros once", lamenta o concelleiro


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O concelleiro do Partido Popular de Vila de Cruces Manuel Souto acaba de enviar un comunicado sobre que fará nos vindeiros comicios municipias e anuncia que non irá en ningunha candidatura que encabece o seu compañeiro de partido e exalcalde do municipio, Jesús Otero.

ree

COMUNICADO ÍNTEGRO DE MANUEL SOUTO

Despois de que en algunhas publicacións de prensa, de unha ou outra maneira se aludira á miña persoa no senso de intentar coñecer cal era a miña posición ou intención de cara á

participación ou non no mapa político das próximas eleccións municipais, creo que debo dala a coñecer coa intención de que eu e os posibles interesados, se os houbese, poidamos seguir normal e tranquilamente o noso día a día, con coñecemento das

intencións de cada quen, polo que mediante a difusión do presente comunicado quero

aclarar o seguinte:


1. Nos próximos comicios municipais non vou formar parte de ningunha candidatura que

encabece o exalcalde Jesús Otero, independentemente de que queira manifestarlle o meu aprecio dende o punto de vista persoal e o meu agradecemento por contar comigo e

darme a oportunidade de participar na vida política deste concello. Da mesma maneira sei que conto co seu agradecemento por haber colaborado con el no desenvolvemento da súa acción política durante tantos anos a cambio dun salario e unha consideración moderados.


O motivo radica fundamentalmente, por unha parte, en que xa agora non compartimos as

ormas de exercer a oposición, e por outra parte, en que considero que a día de hoxe non existe un rumbo de actuación consensuado que poida ilusionar e atraer de cara a

ompartir unha mesma proposta de xestión municipal para o futuro. Nesta última

lexislatura a política municipal asemella unha loita entre dous que intenta nubrar as achegas que poidan facer calquera dos outros once. E o tempo empregado en pelexar e curar feridas nada soluciona nin aporta, é tempo perdido. Espero que na próxima lexislatura se corrixa esa situación e se faga política de verdade, que sirva para solucionar,

resolver e avanzar.


2.- Non confirmo nin desminto que vaia formar parte doutra candidatura, nin que vaia ou non intentar promovela, porque eso dependerá e debe depender de varios factores:

- Que no momento de decidir participar nela e de comprometerme e adicarme ao servizo público, a miña situación persoal o permita.

- Que a candidatura non sexa propiedade de quen a encabeza, senón do conxunto de persoas que a forman.

- Que se poida percibir que entre a poboación á que se pretende representar se mostre realmente interese en que se faga.

- Que coincida ou se poida formar un grupo de compañeiros ou compañeiras que queiran implicarse, e que con diferenzas ou matices compartan obxectivos e a forma de intentar levalos a cabo.

- E por último, e non menos importante; que o grupo que se forme sexa capaz de deseñar e concretar de un modo posible e crible a maneira de levar a cabo a xestión dos recursos propios cos que conta o concello cada ano, diferenciándoos dos que de forma ocasional se poidan obter doutras administracións, que son circunstanciais e poden por tanto permitir un gasto extraordinario.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Todos estes condicionantes, fáciles de escribir, pero difíciles de conxuntar, son os que

entendo que debe reunir calquera candidatura que de forma seria e responsable se queira

ofrecer para, de algunha maneira, organizar e dirixir a administración dos recursos públicos do concello en favor da súa poboación. E pola miña parte, coido que so debo dar o paso se creo cumprir esas condicións, ou quedar á marxe se non se dá o caso. Cuestión que parece obvio, será a que supoño vai a condicionar a formación de tódalas candidaturas que participen nos comicios.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page