O día 29 en Lalín de Arriba desenvolverase unha charla de concienciación sobre o quinto contedor
- ecosdacomarca

- hace 36 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O luns 29 de decembro ás 19 horas en Lalín de Arriba desenvolverase unha nova charla de concienciación sobre o quinto contedor, na que a veciñanza tamén poderá solicitar material adaptado a cada tipo de vivenda

Un cento de composteiros foron repartidos o sábado na nova xornada de entrega de materiais da campaña “Eu son do marrón”, destinada á veciñanza do rural que tramitou a solicitude e non puido recollelos durante a rolda de charlas informativas realizada nas diferentes áreas parroquiais sobre o quinto colector.
Publicidade
Así o anuncia a concelleira de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo que informa tamén que “dentro das accións de sensibilización ambiental vinculadas ao quinto contedor, o Concello tamén ten programada unha charla de concienciación sobre o quinto colector e a reciclaxe dos restos orgánicos no entorno de Lalín de Arriba”. A sesión terá lugar no local social de Lalín de Arriba o día 29 ás 19 horas.
Publicidade
Lorenzo explica que “nesta charla, a veciñanza poderá igualmente solicitar material adaptado ao tipo de vivenda: composteiros para quen resida en vivendas unifamiliares e cestos para aquelas persoas que vivan en edificios ou casas de varias plantas sen espazo exterior onde instalar un composteiro”.








Comentarios