top of page

O director e animador Fernando Cortizo impartirá un taller de stop motion en Piloño, Vila de Cruces

Está organizado pola Asociación Social e Cultural Garatuzas


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Asociación Garatuzas da parroquia cruceña de Piloño organiza un taller de animación stop motion dirixido ás nenas e nenos socios, que será impartido por Fernando Cortizo, director de cinema, gañador de numerosos premios internacionais, cunha gran traxectoria no cinema de animación, que alterna coa realización de documentais e o traballo de guionista.

ree

Con máis de vinte anos de traxectoria profesional no sector audiovisual —abarca animación, publicidade e documental—, Cortizo é especialmente coñecido pola súa longametraxe O Apóstolo, a primeira película europea realizada en stop-motion estereoscópico. Con esta obra obtivo un nomeamento aos Premios Goya, a preselección aos Óscar e seis Premios Mestre Mateo. Actualmente, traballa en SHKID, unha longametraxe de animación 2D inspirado na “República de Shkid”, o nome co que se identificaban os nenos do barracón L 417 no Ghetto de Terezín (República Checa).


A película relata como aqueles mozos converteron a súa dura realidade nun acto de resistencia creativa a través dunha revista clandestina, poemas, debuxos e distintas iniciativas que buscaban manter a esperanza e a normalidade no medio do horror.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O taller de stop-motion celebrarase na Casa de Cultura de Piloño os días 22 e 29 de novembro e 13 de decembro, e permitirá que os participantes se acheguen ao proceso creativo da animación fotograma a fotograma, explorando a creación de personaxes, a narración audiovisual e a realización dunha pequena peza animada.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Esta iniciativa está organizada pola Asociación Social e Cultural Garatuzas e conta cunha axuda de Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra, que fai posible ofrecer propostas culturais innovadoras en galego para a infancia.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page