top of page

O deportista cruceño Emilio Montilla, bronce galego no Campionato Xunta de Galicia de Cross Master

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Este sábado, 24 de xaneiro, desputouse en Ribadavia o Campionato Xunta de Galicia de Cross Master, Individual e por equipos nun circuito complicado pola meteoroloxía da fin de semana.


CARLA TRILLO – BRONCE ABSOLUTA

A deportista da mariña lucense Carla Trillo liderou a competición do CD Biosbardo, realizando unha carreira intelixente e remontando posicións ata remar cunha última volta fantástica entrando 3ª absoluta en meta, e tamén proclamándose 3ª F40 (forn as 3 primeiras absolutas)


Preto dela entraba Fanny Abelenda, que debutaba na especialidade, realizando unha gran xetión de carreira e proclamándose subcampioa galega F35.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


O equipo feminino pechábao a deportista de Caldas de Reis, Enara Fernández e proclamándose con este resultado Subcampioas Galegas por Equipos, a tan só un punto do equipo gañador, o Atletismo Arenteiro.

EMILIO MONTILLA – BRONCE GALEGO

O deportista cruceño Emilio Montilla voltaba á competición nunha das súas especialidades favoritas, dando inicio así á súa tempada. Amosando unha vez máis a súa xetión e intelixencia en carreira remontaba postos na última volta para proclamarse bronce

galego M55.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Seguido de preto e coa 4ª praza na mesma categoría entraba José Voces, o lucense que tamén facía o seu debut na especilaidade.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"Unha vez máis, o noso equipo amosa a súa polivalencia en múltiples disciplinas atléticas acadando uns resultados fantásticos tanto a nivel individual como colectivo", sinala o clube.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page