O Círculo de Recreo-Casino de Lalín acollerá o 2 unha viaxe por Arxentina da man do dúo “Buenos Aires”
- ecosdacomarca

- 30 oct 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
A cafetería do Círculo de Recreo-Casino de Lalín acollerá este domingo 2 de novembro unha viaxe por Arxentina da man do dúo “Buenos Aires”, formado por Emilce Rosana e Alejandro Szabo. A entrada é de balde para persoas socias; billeteira inversa para o resto.

Publicidade
Este domingo á 13:00 o dúo “Buenos Aires” presenta un repertorio protagonizado polo tango, o vals e a milonga no que as persoas asistentes serán transportadas aos tempos nos que a música da cidade de Buenos Aires se fixo eco das historias da xente que a habitaba, plasmadas en versos e harmonías.
Publicidade
O dúo procura difundir esta música riopatrense para lembranza das persoas que xa a coñecen, pero tamén para achegala a outras e así darlles a oportunidade de descubrir un xénero que transcendeu fronteiras. A entrada é de balde para as persoas socias, pero o resto pode aportar o que considere ao finalizar o espectáculo.








Comentarios