top of page

O cruceño Emilio Montilla, campión de España M55 de Carreiras de Montaña

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Esta fin de semana a RFEA organizou dous campionatos de España en Palencia. O sábado tivo lugar o Cto. De Subida Vertical e o domingo, o de Carreiras de Montaña. E 4 atletas do CD Biosbardo tomaron parte da competición.


Na xornada do sábado, as inclemencias meteorolóxicas obrigaron a neutralizar a segunda parte do vertical, quedando un percorrido de 5 km con 600 metros de ascenso. O cruceño Emilio Montilla, un especialista na modalidade non tivo o seu mellor día, ficando co 5º posto da súa categoría (M55). Pola súa banda, Eneko Hurtado conseguía meterse por primeira vez non TOP 10 de categoría (M35)

EMILIO MONTILLA CAMPIÓN DE ESPAÑA

"Nun circuíto de 2 voltas, 16 quilómetros con case 800 metros de desnivel, cun nivel de

participación tremendo a loita do noso atleta cinguíuse á súa categoría, colocándose xa

primeiro no km 5 e sacando máis e máis distancia ata cruzar a liña de meta proclamándose

Campión de España M55 de Carreiras de Montaña", apunta o club.


Pola súa banda, o resto dos deportistas obtiñan a seguinte clasificación: Iván Sangiao 12º M35, Eneko Hurtado 17º M35 e Enara Fernández 9ª F35.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

"Un campionato de España cun nivel altísimo donde os nosos atletas conseguiron estar entre os mellores das súas categorías. Mención especial para a compañeira Tamara García, veciña de Dozón, que non podendo participar viaxou coa expedición do club para apoiar en todo o necesario", sinala o club.


XOVE COSTA TRAIL – CARLA TRILLO, CAMPIOA ABSOLUTA

Na proba mariñá, a corredora de Burela non deu chance, colocouse na primeira posición desde un inicio sacando máis e máis tempo ás súas perseguidoras co paso dos quilómetros. "A atleta do CD Biosbardo acudía coa idea clara de baixar das 2 horas na proba, o que a colocaría no TOP10 incluíndo homes, pero a confluencia con outras distancias non o fixo posible optando por unha estratexia máis conservadora e marcando un tempo de 2h 6minutos en meta", recalca o club.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

22K BORRANES (MÉDULAS) – KENIA ESTRADA CAMPIOA ABSOLUTA

Na comarca berciana, cun paraxe impresionante como As Médulas, desputábase o Trail Borranes onde na distancia longa Kenia Estrada acadaba o primeiro posto absoluto, controlando a carreira na primeira parte e realizando un ataque nos últimos 5 quilómetros que as súas rivais non puideron responder.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page