O Craega solidarízase coas persoas e comunidades afectadas polos incendios en Galicia
- ecosdacomarca

- 22 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) quere expresar a súa fonda solidariedade con todas as persoas, familias e comunidades que nestes días están a sufrir as consecuencias dos graves incendios que arrasan aldeas, montes e cultivos da nosa terra.

"Queremos recoñecer e agradecer de maneira especial o esforzo de todas as persoas e equipos que traballan sen descanso para conter as lapas e protexer o noso patrimonio natural, cultural e humano. Tamén queremos salientar o compromiso dos operadores ecolóxicos quen, día a día, co seu labor no medio rural e co seu esforzo pola produción ecolóxica, contribúen á preservación e coidado do territorio, hoxe especialmente ameazado".
Publicidade
E sinalan que desde o Craega "poñémonos á disposición dos nosos asociados e asociadas que se viron ou se están a ver prexudicados polo lume, ofrecendo o noso acompañamento e apoio".
Publicidade
O Craega está a estudar diversas medidas que permitan prestar axuda aos asociados e asociadas afectados e colaborar, na medida do posible, para paliar os efectos desta catástrofe e contribuír á recuperación do noso rural. "Moita forza e ánimo para todos e todas".








Comentarios