top of page

O corredor de Touro do Galaico Trail Run José Rendo queda terceiro no trail Serra D'Arga en Portugal

Mentres a corredora silledense Marga Blanca disputou os 15 quilómetros da Atlántico Banco Mediolanum


Ecos da Comarca/Touro/Deza

O corredor de Touro do GTR Galaico Trail Run José Rendo logra un terceiro posto no trail Serra D' Arga en Portugal na distancia de 27 quilómetros amosando que se atopa nun moi bo momento de forma empezando a carreira de menos a máis e nos últimos quilómetros da proba demostrando a fortaleza nas últimas subidas. "Unha proba moi bonita e moi ben organizada", recalca o clube.

Xa en Galicia no concello de A Guarda a corredora silledense Marga Blanco vén de disputar os 15 quilómetros da proba Atlántico Banco Mediolanum. "Unha carreira que conta cunhas vistas espectaculares e unha moi boa participación".

E os corredores de Chantada Belén Vázquez e M. C. desprázanse a Cangas de Onís (Asturias) a disputar la travesía dos Picos de Europa na distancia de 25 quilómetros con 1500 de desnivel.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page