A Corporación aprobou esta mañá en pleno unha moción institucional reclamando servizos financieiros no rural
Ecos da Comarca/O Pino
O pasado 15 de setembro o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, ordenou retirar todos os fondos e cancelou as contas que tiña no Banco Sabadell en resposta a decisión da entidade de pechar a oficina de Arca o vindeiro mes de outubro. Esta mañá, no pleno ordinario, os tres grupos políticos manifestaron o seu rexeitamento a esta medida e aprobaron por unanimidade unha declaración institucional en apoio do acceso da poboación aos servizos financeiros (declaración íntegra neste enlace).
Na mesma solicítase aos gobernos central e autonómicos que se coordinen coas administracións locais para por en marcha un plan estatal e autonómico contra a exclusión financeira da cidadanía, con especial atención á xente maior.
Na mesma declaración, o Concello de O Pino comprométese a ceder espazos municipais a aquelas entidades financeiras que se comprometan á atender de xeito presencial á veciñanza do Pino. Neste punto o Concello pedirá que a entidade conte polo menos con caixeiros no municipio (para os que non se cederán locais) e se comprometan a colaborar en programas de formación financeira e de banca electrónica á veciñanza.
Esta declaración institucional foi aprobada por unanimidade, como medida de consenso, polo que os tres grupos políticos representados na Corporación (PP, PSdeG e BNG) decidiron retirar as mocións que cada un presentou para debate sobre este tema.
Cabe mencionar que hai uns días o PSOE do Pino mostrou o seu descontento polo peche da oficina de Sabadell nesta localidade e instaba ao goberno local a actuar canto antes.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments